A arte é unha mentira que non se achega á verdade/ El arte es una mentira que no se acerca a la verdad.

Pode quen cre que pode e non pode o que cre que non pode/ Puede quien cree que puede y no puede el que cree que no puede.

A inspiración existe, pero ten que atoparte traballando/ La inspiración existe, pero tiene que encontrarte trabajando.

Todos os nenos nacen sendo artistas. O problema é como seguir sendo artista ao medrar/ Todos los niños nacen siendo artistas. El problema es como seguir siendo artista al crecer.

A beleza perece na vida, pero é inmortal na arte/ La belleza perece en la vida, pero es inmortal en el arte.

A pintura é poesía muda, a poesía pintura cega/ La pintura es poesía muda, la poesía pintura ciega.

 

Presentado o proxecto: Vimianzo Solidario

A poxa Vimianzo Solidario xurdiu dunha iniciativa da Escola Municipal de Arte coa idea poñer o seu gran de area para axudar ás persoas máis necesitadas do concello. Os alumnos e alumnas de pintura levan tempo traballando en cadansúa obra para doar a esta iniciativa.

Chegou a hora de que coñezamos os dezaseis cadros dos dezaseis futuros e futuras artistas e de que poidamos poxar por eles nesta páxina web. Os poxadores poderemos adquirir unha obra única; os pintores e pintoras quedarán coa recompensa moral de poñer o seu traballo ao servizo dunha boa causa. A calidade dos traballos e a solidariedade dos artistas fan que nos poidamos sentir Orgullosos do noso.

A poxa solidaria pecha coa venda de 3 cadros

Pechada a poxa solidaria con 3 cadros adxudicados

Cadro 003 Faro muxián

  • Autora: Amelia
  • Adxudicatario/a: Primavera
  • Poxa final: 56€

Cadro 006 Vendedora de pementos

  • Autora: Julia
  • Adxudicatario/a: Galego
  • Poxa final: 56€

Cadro 013 Floral

  • Autora: Sabela
  • Adxudicatario/a: Azul
  • Poxa final: 56€

Últimos días para facerse cun cadro da Escola Municipal de Arte

Queda tan só unha fin de semana por diante para poder poxar por un dos cadros das artistas vimiancesas da Escola Municipal de Arte. O domingo ás 00.00 horas pecharase a poxa e o luns daranse a coñecer os adxudicatarios dos cadros.

Actualizamos a lista de cadros poxados

Ata o momento son tres os cadros que teñen poxador. Sumarase algún máis á lista? Aínda hai tempo!!

Estes son os cadros poxados:

Vendedora de pementos

  • Autora: Julia
  • Prezo: 56€
  • Pseudónimo poxador: Galego

Faro muxián

  • Autora: Amelia
  • Prezo: 56€
  • Pseudónimo poxador: Primavera

Floral

  • Autora: Sabela
  • Prezo: 56€
  • Pseudónimo poxador: Azul