Seguen chegando novos poxadores
A poxa solidaria segue activa coa chegada dunha nova poxa. Nesta ocasión o poxador, baixo o pseudónimo Azul, oferta 56€ polo cadro Floral, sumándose así á listaxe dos cadros poxados.
Vendedora de pementos e Faro muxián xa teñen poxador
Actualizamos os datos dos dous cadros poxados ata o momento, serán estes poxadores os adxudicatarios dos cadros? Quen sabe, aínda queda moita poxa por diante!!
Vendedora de pementos
- Prezo actual: 56€
- Poxador: galego
Faro muxián
- Prezo actual: 56€
- Poxador: primavera
Parabéns ás autoras destes cadros Julia e Amelia!!
Imos quentando motores, parece que isto arranca
Xa temos outro cadro con poxador, Faro muxián, e iguala o prezo de Vendedora de pementos. A poxa recibida baixo o pseudónimo de Primavera realizou unha poxa subindo o seu prezo a 56€.
Veña que isto empeza a animarse!!