A arte é unha mentira que non se achega á verdade/ El arte es una mentira que no se acerca a la verdad.

Pode quen cre que pode e non pode o que cre que non pode/ Puede quien cree que puede y no puede el que cree que no puede.

A inspiración existe, pero ten que atoparte traballando/ La inspiración existe, pero tiene que encontrarte trabajando.

Todos os nenos nacen sendo artistas. O problema é como seguir sendo artista ao medrar/ Todos los niños nacen siendo artistas. El problema es como seguir siendo artista al crecer.

A beleza perece na vida, pero é inmortal na arte/ La belleza perece en la vida, pero es inmortal en el arte.

A pintura é poesía muda, a poesía pintura cega/ La pintura es poesía muda, la poesía pintura ciega.

 

Presentado o proxecto: Vimianzo Solidario

A poxa Vimianzo Solidario xurdiu dunha iniciativa da Escola Municipal de Arte coa idea poñer o seu gran de area para axudar ás persoas máis necesitadas do concello. Os alumnos e alumnas de pintura levan tempo traballando en cadansúa obra para doar a esta iniciativa.

Chegou a hora de que coñezamos os dezaseis cadros dos dezaseis futuros e futuras artistas e de que poidamos poxar por eles nesta páxina web. Os poxadores poderemos adquirir unha obra única; os pintores e pintoras quedarán coa recompensa moral de poñer o seu traballo ao servizo dunha boa causa. A calidade dos traballos e a solidariedade dos artistas fan que nos poidamos sentir Orgullosos do noso.

O cadro Vendedora de pementos arranca a poxa 2015

Parece que se empeza a animar a poxa e o cadro que inaugura este ano a saída é Vendedora de pementos, de Julia. O poxador de pseudónimo Galego parece que quere quedar con el, pero aínda queda moito tempo de poxa por diante. Animádevos a seguir poxando.

O luns comezará a poxa de cadros!!

Dende o  luns, 11/05/2015, ás 08.30 h. ata o domingo, 07/06/2015, ás 00.00 horas estará aberto a prazo para poxar polas cadros que pintaron os alumnos/as da Escola municipal de Arte do concello de Vimianzo. Non se admitirán poxas realizadas fóra deste prazo.