A arte é unha mentira que non se achega á verdade/ El arte es una mentira que no se acerca a la verdad.

Pode quen cre que pode e non pode o que cre que non pode/ Puede quien cree que puede y no puede el que cree que no puede.

A inspiración existe, pero ten que atoparte traballando/ La inspiración existe, pero tiene que encontrarte trabajando.

Todos os nenos nacen sendo artistas. O problema é como seguir sendo artista ao medrar/ Todos los niños nacen siendo artistas. El problema es como seguir siendo artista al crecer.

A beleza perece na vida, pero é inmortal na arte/ La belleza perece en la vida, pero es inmortal en el arte.

A pintura é poesía muda, a poesía pintura cega/ La pintura es poesía muda, la poesía pintura ciega.

 

Normas

O alumnado da Escola municipal de Arte decidiu organizar un acto solidario cos seus traballos artísticos realizando unha poxa dunha obra de cada un dos futuros artistas.

Onde poden verse os cadros?

Os cadros estarán expostos na Sala de Exposicións Antón Mouzo, na Casa da Cultura de Vimianzo, entre o 08 de maio ata o 12 de xuño de 2015, e poderanse visualizar tamén na páxina web www.vimianzosolidario.gal

Cada cadro aparecerá identificado mediante un código que o identificará para realizar as poxas.

Quen pode realizar a poxa?

Calquera persoa maior de idade pode realizar unha poxa.

Como se realizará a poxa?

A poxa realizarase de xeito virtual a través da páxina web www.vimianzosolidario.gal

Na propia aplicación cumprimentarase un formulario onde deberá cubrir todos os campos sinalados: código do cadro polo que desexa poxar, cantidade que ofrece, pseudónimo co que realiza a poxa, así coma unha serie de datos persoais (nome e apelidos, data de nacemento, enderezo, teléfono e correo electrónico).

No caso de que o poxador queira poxar por máis dun cadro, deberá realizar cada poxa de xeito individual, empregando un impreso diferente, debendo cubrir todos os datos en cada novo impreso.

Aquelas persoas que necesiten asesoramento para realizar a poxa poden acudir á Biblioteca municipal, na Casa da Cultura, realizar desde alí a poxa coa axuda das traballadoras municipais.

Como saberemos a cantidade a partir da que se pode poxar?

As poxas dos cadros partirán o primeiro día de 55 €, agás os seguintes cadros que partirán de:

  • Cadro 001, Quijote: 25 €
  • Cadro 005, Iluminación 50 €
  • Cadro 007, Bodegón: 50 €
  • Cadro 009, Posta de Sol: 50 €

As poxas terán un seguimento diario e darase a coñecer a cantidade poxada máis alta por cada cadro no día seguinte ás 9.00 horas.

Publicarase na páxina web unha listaxe co código de cada cadro, a cantidade máis alta que se ofreceu ata ese momento e o pseudónimo do poxador que a realizou. (En ningún caso se farán públicos os datos persoais do impreso, mais son necesarios á hora de adxudicar os cadros).

A cantidade que se publique cada día será a cantidade mínima da que parte a poxa.

Cando se pode realizar a poxa?

O período de poxa abrirase o luns, 11 de maio, ás 8.30 horas e pecharase o domingo, 7 de xuño, ás 00.00 horas. Non se admitirán poxas realizadas fóra deste prazo.

Cando saberemos o resultado final da poxa?

O luns 8 de xuño publicarase unha listaxe na páxina web e na Sala de Exposicións Antón Mouzo, da Casa da Cultura, cos adxudicatarios dos cadros, na que se indicará o pseudónimo e a cantidade ofertada polo cadro. Desde o concello poñerémonos en contacto co adxudicatario ou adxudicataria que deberá confirmar se acepta ou renuncia á poxa realizada (a adxudicación non será efectiva ata que estea realizado o pago)

Cando se poderá realizar o pago da cantidade ofertada

A partir do momento da publicación dos adxudicatarios, estes poderán realizar o pago do cadro do que resultaron adxudicatarios ata o mércores día 10 de xuño, incluído,  nun número de conta que se lles facilitará. Deberán enviar o xustificante de pago por correo electrónico ao concello ou entregalo na Casa da Cultura.

No caso de que o xoves día 11 de xuño  ás 10 horas non estivese confirmado o pago mediante a chegada do xustificante ao Concello, entenderase que se renuncia á poxa realizada, dándolle opción ao seguinte poxador a optar ao cadro.

Cando se poden recoller os cadros?

O venres día 12 de xuño ás 21 horas realizarase o acto de entrega dos cadros na Sala de Exposicións Antón Mouzo. En caso de que algún adxudicatario non poida asistir ao acto, daráselle un prazo dun mes para recollelo na Casa da Cultura.

A que irán destinados os cartos das poxas?

A cantidade total que se recade coa poxa solidaria será entregada a Cáritas Vimianzo